Unha vez ordeņado o leite, enfriase a 3 graos de temperatura en menos de 20 minutos. Así evitase a reprodución de bacterias sen aplicar tratamentos térmicos, como a pasteurización, nin tratamentos físico-químicos que lle modifiquen o sabor. Todos os requisitos sanitarios e de calidade conséguense dentro das ubres das vacas.
Despois dos 20 minutos de enfriado, é envasado e comercializado no mesmo día. Hai que dicir que o leite cru só se pode envasar en explotacións gandeiras certificadas e tras ser sometido a férreos controis de calidade.